PXOM

29/06/08

BNG Soutomaior: Unha proposta de vangarda.

Comprácenos presentarvos a nosa páxina, voceira do noso labor, para o compromiso e o traballo a prol d@s veciñ@s do concello de Soutomaior.
O Grupo Municipal do BNG manifesta unha vez máis a súa vocación de servizo cos cidadáns nesta nova singradura que pretende pular pola dignidade do noso concello tamén no ciberespacio.
O noso blog, xorde como unha achega para a información, a interacción e a participación de tod@s @s veciñ@s de Arcade e Soutomaior. Un espazo nacido para a participación cidadá e a democratización da vida política, para poñer luz na escuridade institucional que habitamos, para escoitar as propostas dos nosos veciños e ofrecer unha alternativa de futuro galega, democrática e responsábel.
Eis o noso proxecto para o próximo goberno municipal , o proxecto do Bloque Nacionalista Galego. Participa!
Podes contactar co noso grupo a través dos seguintes medios:



Tlf: 620 262 802

Ningún comentario: