PXOM

21/02/11

ACTO INFORMATIVO AUTOVÍA PONTEVEDRA - VIGO (A-59)


            O Portavoz Municipal do BNG de Soutomaior, Fernando Herrero; acompañado polo Avogado especialista en expropiacións Calixto Escariz, levarán a cabo unha charla informativa na que se poñerá ao corrente sobre a afectación da Autovía Pontevedra – Vigo A-59 ao paso polo noso Concello.

            O acto terá lugar este mércores, 23 de Febreiro, as 20:00 horas na Antiga escola unitaria de Alxán.

03/02/11

O BNG DE SOUTOMAIOR DENUNCIA A INCAPACIDADE DO PARTIDO POPULAR PARA XESTIONAR CON EFICACIA

COMERCIANTES E VECIÑOS DA RÚA ROSALIA DE CASTRO SUFREN UN NOVO LEVANTAMENTO DA RÚA SEN PREVIO AVISO

            Comerciantes e usuarios da Rúa Rosalía de Castro víronse sorprendidos este mércores 2 de febreiro cun novo levantamento da rúa, sen previo aviso e coas conseguintes limitacións ao tráfico no acceso á zona. A improvisación chega ao punto de que os usuarios atópanse coas obras no momento de acceder ao lugar, xa que non hai sinalización de ningún tipo nas rúas colindantes, e chegando a ser caótica e desesperante a circulación nos momentos en que se corta o tráfico nas dúas direccións.

            Dende o BNG de Soutomaior consideramos que, ademais de exixir as obrigas e responsabilidades que lle competan á empresa encargada do asfaltado da rúa, o alcalde e os concelleiros de obras e tráfico tamén deberían asumir as súas propias responsabilidades políticas pola falla de información aos veciños e usuarios e polo custo económico que estes problemas lles acarrean aos comerciantes da zona. Igualmente botamos en falta que algún membro do goberno local do Partido Popular, tan dados a deixarse ver pola zona cando plantan unha árbore ou se coloca algún banco, estivese ao lado dos veciños que tiveron que sufrir novamente este mércores as incomodidades das máquinas rebentando a rúa por terceira vez en escasos dous meses.