A subvención foi concedida pola Xunta de Galicia para o acondicionamento do Monte da Peneda
No Pleno do próximo xoves 31 de marzo o BNG de Soutomaior pediralle ao alcalde popular Agustín Reguera que aclare as razóns que lle levaron a renunciar a unha subvención de case 40.000€ concedidas pola Xunta de Galicia para o acondicionamento do Monte da Peneda, un lugar emblemático do noso Concello.
“Parece que o medio ambiente non está entre as prioridades do Partido Popular” denuncia o portavoz nacionalista Fernando Herrero, “empeñado agora en encher o Concello de asfalto en obras electoralistas, e cando falta practicamente un mes para a celebración da Romaría da Peneda, deixa escapar unha magnífica oportunidade para recuperar un espazo do noso patrimonio natural. O Monte da Peneda sufriu dúas queimas importantes nos últimos anos que acabaron coas especies autóctonas e o goberno Popular non ten pensado facer nada por reverter a situación, é algo lamentábel” remata Herrero.
Dado que este será o último Pleno ordinario do mandato, dende o BNG de Soutomaior esperase que esta sexa a derradeira vez que a cidadanía do noso Concello ten que aguantar a incapacidade do Partido Popular para xestionar os seus intereses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario