Co gallo da Folga Xeral convocada para o próximo xoves, 29 de marzo, que o Bloque Nacionalista Galego apoia, secundando naquelas institucións nas que ten presenza; o Grupo Municipal de Soutomaior solicitou formalmente, por medio da Concelleira Lorena Fernández Calvar, que o cambio de data do Pleno que terá lugar nese día.
O BNG, ademais, pretende deste xeito que non decaian as 6 mocións nacionalistas que o PP non quixo debater no Pleno Extraordinario do 9 de marzo; e que adiou para o Pleno do próximo xoves para evitar que este quedase baleiro de contido. Igualmente presentou unha moción na que se pide o apoio do Pleno ás mobilizacións e a Folga Xeral do 29 de marzo en contra dunha reforma laboral que non axuda a recuperación económica.
Esta reforma non crea emprego estábel e digno, reducen as retribucións salariais e precarizan as condicións laborais. É unha reforma laboral para enriquecer máis ás minoritarias elites económicas a costa de empobrecer máis aínda a clase traballadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario