Os nacionalistas considéraos continuistas e, polo tanto, feitos para ser emendados
O BNG de Soutomaior votou en contra dos orzamentos que presentou o Partido Popular no Pleno Extraordinario celebrado este xoves. “O primeiro que temos que dicir dende o BNG e que non podemos entender como se poden levar a un Pleno Extraordinario os Orzamentos, co gasto que isto supón, cando en 15 días imos ter un Pleno Ordinario”; sinala Fernando Herrero, Portavoz Municipal do BNG.
O Grupo Municipal do BNG denuncia que ano tras ano o PP négase á creación dunha comisión de contratacións que garanta a transparencia, e manteñen para o Grupo de Goberno un control case total do orzamento, cunha residual participación do Pleno. Igualmente continúan fracasando a hora de buscar calquera tipo de consenso, impedindo novamente as achegas dos grupos municipais da oposición aos orzamentos. E a pesares de usar a maioría absoluta como unha apisoadora, outro ano máis, son incapaces de ter o orzamento aprobado no principio do ano en curso.
Consideran os nacionalistas que o Partido Popular utilizou un Pleno Extraordinario para facer uns orzamentos que están pensados para ser emendados con partidas que nunca serán usadas. Uns orzamentos para gastos correntes, sen proxectos de goberno para o noso Concello para o 2012. Con todo isto, remata o BNG, o Goberno do PP o único que acada é un orzamento que reduce todas as súas partidas (educación, emprego, sanidade...), unha auténtica burla á cidadanía, na que a única partida que aumenta é a destinada a Persoal, que aumenta por riba do 3%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario