Ante a tráxica morte dun obreiro
senegalés mentres instalaba a carpa dun circo no noso Concello, o BNG de Soutomaior
quere amosar as súas condolencias e acompañar no sentimento a súa familia.
Igualmente pedimos ao Goberno Local que
amose un pouco de humanidade, e que se interese porque a repatriación do seu
cadáver se realice nas condicións axeitadas e, no que poda, acompañe e axude a
súa familia neste duro momento.
Finalmente, a pesar de que todos sabemos
como funciona o goberno local no que atinxe aos permisos e licencias, entendemos
que este non é o momento para entrar a valorar as declaracións do Alcalde ao
respecto. Agora é o momento de estar ao
lado da súa familia no que humanamente se poda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario