· Hai pouco máis dun ano que a Xunta
investiu 240.000 euros en construír unha pista de pádel cuberta.
· O BNG denuncia a necesidade que ten o
pavillón anexo ás pistas dunha reforma integral
.O BNG de Soutomaior denuncia publicamente o descoñecemento que o Partido
Popular ten das necesidades do Concello, tras asinar este un Convenio de Cooperación coa Secretaria Xeral para o Deporte para cubrir
as pistas de tenis e pádel, por un valor de 137.000€ ,pouco máis dun ano
despois de que a Xunta investise 240.000€ en facer unha pista de pádel cuberta.
“Chama a atención que son os propios
usuarios das pistas os primeiros que se amosan sorprendidos por este
investimento” declara Fernando Herrero, Portavoz Municipal do BNG,“ resúltalles
obsceno sentirse privilexiados nestes días en que se está a recortar en
capítulos tan delicados como educación e sanidade”.
Dende o BNG reclaman que se invistan
eses cartos no Pavillón da Montesiña –anexo as pistas-. O Pavillón é utilizado
todos os días da semana oito horas ao día e, dende a súa construción nos anos
90, non tivo ningunha reforma significativa. Denuncian os nacionalistas que os
nenos das escolas municipais teñen que realizar as actividades con abrigo no
inverno, a presenza de fungos nas paredes do vestiario ou a cor amarelenta da
auga que sae polas duchas , entre outras deficiencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario