· Esta necesidade foi plantexada polo
BNG na pasada lexislatura.
· As propias comunicacións municipais
teñen que ser colocadas en bares, tendas, marquesiñas,....
O Grupo Municipal do BNG solicita ao Pleno do Concello a colocación de paneis
informativos en tódolos barrios do municipio que sirvan para comunicar toda
aquela información necesaria e importante para os cidadáns (anuncios, bandos
municipais, avisos, necrolóxicas...).
O BNG xa plantexou na pasada
lexislatura a necesidade de colocar paneis informativos en todos os barrios do
municipio, conseguindo o compromiso plenario de estudar a proposta e buscar o
modelo máis axeitado para un Concello coma Soutomaior. A día de hoxe non se
actuou en ningún sentido, e o noso Concello segue cheo de panfletos, carteis,
avisos, necrolóxicas ... que afean espazos públicos como paredes, farois,
colectores, etc.
As propias comunicacións municipais
teñen que ser expostas en bares, tendas, marquesiñas, ..., sempre no ámbito
urbano, e sendo practicamente inexistentes en moitas zonas do rural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario