· Os medios agachan as cifras,
desbordados pola participación.
· A pesares das trabas do Concello, a
voz de Carlos Callón e Agustín Fernández Paz puido escoitarse ben alta na Praza
da Quintana.
Convocada pola plataforma Queremos
Galego e secundada por máis de 700 entidades –entre elas o BNG- a Manifestación
Nacional pola lingua para frear os ataques ao galego tivo unha participación
masiva. A pesares disto, seguirán tentando silenciar a nosa lingua. Nin unha
soa portada ao día seguinte nos medios escritos para o acto máis multitudinario
do 17 de maio. Para eles, a dignidade dun pobo e a lingua non o merecen.
Ás
12 do mediodía a Radio Galega falaba de centos
de persoas na Alameda. A prensa escrita subvencionada, nas súas edicións
dixitais da tarde, xa falaban de “varios miles de personas”, ninguén concretaba
dato nin dos organizadores nin da policía, quizais inda estaban a facer o
reconto. A realidade, que xa non puideron negar o día seguinte, é que eran 25.000 os
galegos que nos manifestabamos polas rúas de Compostela pedindo á Xunta de Galicia
o fin dos seus ataques ao galego.
![]() |
| UNHA IMAXE FALA MÁIS QUE TRES PARÁGRAFOS |
Que os medios de comunicación
subvencionados tenten agachar a realidade é un síntoma do éxito da
convocatoria. Encherían espazos e portadas se centos ou incluso "uns milleiros"
de persoas secundasen unha manifestación en defensa do galego nun 17 de maio.
Mais a Praza da Quintana estaba ateigada de xente, e non lles quedará máis que
seguir negándonos o uso do galego traducindo as declaracións dos nosos
representantes ao castelán.
Parabéns, unha vez máis, aos galegos
por tomar as rúas para defender a nosa lingua.

Ningún comentario:
Publicar un comentario