· Apoiamos deste xeito a Iniciativa
Lexislativa Popular presentada pola Plataforma SOS Sanidade Pública no
Parlamento Galego
· Dende o BNG denunciamos a inxustiza social que
supón o camiño tomado polo Partido Popular
No BNG de
Soutomaior estamos a recoller sinaturas polos distintos barrios do Concello para
apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade
Pública. Esta ILP ten como finalidade garantir o dereito constitucional á
protección da saúde, ademais de mellorar o servizo público prestado a cidadanía. Igualmente, pretende deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública, impulsada
polo Partido Popular en Galiza.
O BNG, ademais, denuncia a
inxustiza social que supón o camiño tomado polo PP dende o Goberno do Estado, que
gravará polos medicamentos o mesmo a un traballador a media xornada que cobre
300 ou 400€ mensuais, que a calquera multimillonario directivo dun banco.
Considera que fire gravemente un dos piares máis febles da sociedade galega,
coma son os pensionistas, aos que, deste xeito, lles baixa as pensións nun dez
por cento.
Dende o BNG defendemos
unha reforma fiscal en serio que grave máis aos que máis teñen, garanta unha mellor
progresividade e non atente contra o Estado de Benestar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario