PXOM

01/06/12

O BNG DE SOUTOMAIOR LAMENTA A INCAPACIDADE DO PP PARA ACADAR NOS PLENOS MELLORAS PARA O CONCELLO



·       O PP votou en contra dunha moción nacionalista para acometer unha reforma integral do pavillón da Montesiña.
·       Tamén se opuxo á colocación de paneis nos barrios para comunicar información necesaria e importante para os veciños

Soutomaior, 01 de xuño de 2012. O BNG de Soutomaior levou ao Pleno, o xoves 31 de maio, unha moción para o acondicionamento e mellora do pavillón municipal da Montesiña, que foi rexeitada polos concelleiros do Partido Popular. Dende o BNG, temos que lamentar unha vez máis, a incapacidade do Goberno Local para pactar unha mellora necesaria para o noso Concello, neste caso nunhas instalacións que inda non tiveron unha reforma de importancia dende a súa inauguración, nos anos 90.
O BNG tampouco conseguiu sacar adiante a moción na que se pedía a colocación de paneis nos barrios para comunicar aquela información necesaria e importante para os veciños. Así que panfletos, carteis, avisos, necrolóxicas... seguirán enchendo espazos públicos como paredes, farois, colectores, etc.
Finalmente, o BNG abstívose na votación para a aprobación do Plan Municipal de Voluntariado do Concello. Sospeitamos que  os populares aproveitarán este plan para cubrir con voluntarios, postos de traballo que lles corresponden a empregados públicos.

Ningún comentario: