DENDE O BNG ANIMAMOS AOS VECIÑOS A PRESENTAR ALEGACIÓNS PARA ADECUAR O PLAN DE URBANISMO AO QUE SOUTOMAIOR MERECE.
| Fernando Herrero, con chaquetón e bufanda |
O BNG de Soutomaior segue coa súa rolda
informativa sobre o PXOM polos barrios do concello. Desta vez Fernando Herrero, portavoz
municipal, e Manu Lourenzo, concelleiro, estiveron na Casa da Cultura de
Soutomaior.
Os asistentes, tiveron que escoitar as explicacións sobre o Plan Xeral con abrigos e bufandas nunha infraestrutura ao que Agustín Reguera chama Auditorio, e na que o PP investiu preto de 230.000 euros para ter un chan cheo de fochas e carecer de sistema de calefacción, a pesares dos aparatosos tubos para a ventilación que asoman do teito.
Fernando Herrero,
empezou a charla explicando aos asistentes que o Plan
de Urbanismo “é un documento elaborado por técnicos, pero obedecendo a
directrices políticas ben claras que marca o Partido Popular para Soutomaior. O
seu impacto no rural é devastador, limitando á metade o que hai construido. Se nun núcleo rural hai 20 vivendas,
permítense só facer 10, o que significa que se ven un promotor e fai 10 adosados,
por exemplo, ninguén máis poderá construír logo, a pesar de que o solo estea cualificado
como urbanizábel. Este Plan Xeral é inmellorábel... para calquera vila de Castela ou do Levante español; máis non para ningún pobo da Galiza."
Manu Lourenzo, concelleiro que está a
explicar e debater nas redes o PXOM, lembrou o ano que botou o Plan Xeral no
concello ata a súa aprobación inicial. “Durante ese período o goberno de
Agustín Reguera non só se negou a informar
aos veciños, senón que negou ao BNG a posibilidade de facelo, rexeitando
a nosa petición dunha copia deste documento público”.
A próxima charla terá lugar na Casa do
Pobo de Lourido, o vindeiro venres, 13 de decembro, ás 19:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario