DESCÁRGAO EN PDF:
28/02/14
27/02/14
O BNG DE SOUTOMAIOR CELEBRA A ÚLTIMA CHARLA SOBRE O NOVO PXOM NO CPI MANUEL PADIN TRUITEIRO
O ACTO TERÁ LUGAR ESTE VENRES, 28
DE FEBREIRO ÁS 19:30 HORAS
O
BNG de Soutomaior remata a xeira de charlas informativas ao longo das
parroquias do concello, este venres, 28 de febreiro ás 19:30 horas no CPI
Manuel Padín Truiteiro. Nesta ocasión Fernando Herrero -voceiro municipal- e
Manu Lourenzo -concelleiro-, estarán acompañados por Ana Fuentes, especialista
en Planeamento e desenvolvemento urbanístico, e arquitecta municipal no
concello de Tomiño.
Como
nas anteriores charlas, dende o BNG de Soutomaior respostaremos aos asistentes
as cuestións que estes lle plantexen en relación coa situación na que quedan as
súas propiedades co novo Plan de Urbanismo.
Ademais,
poñeremos a disposición das veciñas e veciños do concello un modelo de
alegacións xenérico que esperamos contribúa a facer deste PXOM, feito a medida
duns privilexiados, un PXOM de consenso, pensando para todas e todos nós.
![]() |
| O PXOM precisa da participación das veciñas e veciños do concello |
24/02/14
CARTA AOS MEDIOS DE FERNANDO HERRERO, VOCEIRO MUNICIPAL DO BNG DE SOUTOMAIOR, SOBRE O NOVO PLAN DE URBANISMO PARA SOUTOMAIOR
Fixérono
sen o menor remorso, como se a cousa non fose con eles. Cando no pleno
extraordinario do pasado 11 de decembro, o PP de Soutomaior decidiu aprobar
inicialmente en solitario este PXOM, sabían de sobra o que estaban a facer.
Sabían que este Plan de Urbanismo ía supoñer perdas importantísimas para centos de familias. Sabíano, e por iso se negaron a negociar nada cos veciños antes da aprobación inicial, por iso impediron tamén que os grupos da oposición tivesen acceso ao documento; por iso mesmo chegaron a mentir e a manipular informacións, coa única intención de confundir aos veciños ata que a desfeita estivese aprobada.
Conforme pasan os días, os veciños descobren que as súas parcelas serán inútiles de se aprobar definitivamente este PXOM. Decátanse, con rabia e impotencia que propiedades polas que tanto traballaron, pasan agora a estar fóra de ordenación, fóra de núcleo, en espazos libres privados, en chan rústico e en tantas e tantas calificacións de nomes alleos pero que na práctica implican perdas terribles para eles e os seus fillos. Mais esta rabia e impotencia tornan xenreira, cando descobren que eses mesmos concelleiros do PP, puxeron os seus terreos a bo recaudo. Eles si poden construír, os veciños non. Porque a pouco que fagamos o exercicio de ver calificación urbanística dos terreos dos membros do grupo municipal do PP, descubrimos novo significado para a palabra indecencia.
En lugar de ser un plan para o futuro dos veciños semella feito para resolver problemas do equipo de Goberno no pasado. Este PXOM é unha desfeita para Soutomaior. Ten como única intención a de vender os pisos baleiros a costa dos veciños do rural, que verán como as súas parcelas non valerán nada. É importante que os veciños se defendan, que presenten alegacións, e non permitan este ataque sen precedentes aos intereses do pobo de Soutomaior.
Dende o BNG estivemos dende o primeiro día informando aos veciños sobre esta desfeita perpetrada polo PP. Meses nos que organizamos charlas en cada barrio, distribuímos boletíns, enviamos comunicados, atendemos aos veciños a través das redes sociais, etc, etc. Por iso seguiremos nesta teima, farémolo até o 11 de marzo no que remata o período de alegacións, e seguiremos despois. Farémolo porque cremos nun Soutomaior concienciado, libre das ataduras e dos intereses daqueles que non coñecen máis valor que o do interese. Un Soutomaior de todos, un Soutomaior para todos.
21/02/14
O BNG DE SOUTOMAIOR LEMBRA A LOIS OBELLEIRO NO SEU VI CABODANO
Soutomaior, 21
de febreiro de 2014. O BNG de Soutomaior lembrará cunha ofrenda floral
este sábado 22 de febreiro, ás 18:30 horas, no cemiterio de Arcade, ao
compañeiro Lois Obelleiro, de cuxo pasamento se cumpren hoxe 6 anos.
Obelleiro non só
foi concelleiro na corporación municipal de Soutomaior entre 1979 e 2000, senón
que puxo ao Concello no centro do universo nacionalista, tanto a nivel político
coma sindical, nos primeiros anos da transición.
No acto falarán Fernando Herrero, voceiro municipal, e Xoan Antonio Fernández "Sambade",
para rendirlle homenaxe a Lois, pola súa loita firme na defensa da Galiza, ao
tempo que sementou amor e xenerosidade no seu pobo e naqueles que o coñeceron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
