PXOM

27/02/14

O BNG DE SOUTOMAIOR CELEBRA A ÚLTIMA CHARLA SOBRE O NOVO PXOM NO CPI MANUEL PADIN TRUITEIRO




O ACTO TERÁ LUGAR ESTE VENRES, 28 DE FEBREIRO ÁS 19:30 HORAS

O BNG de Soutomaior remata a xeira de charlas informativas ao longo das parroquias do concello, este venres, 28 de febreiro ás 19:30 horas no CPI Manuel Padín Truiteiro. Nesta ocasión Fernando Herrero -voceiro municipal- e Manu Lourenzo -concelleiro-, estarán acompañados por Ana Fuentes, especialista en Planeamento e desenvolvemento urbanístico, e arquitecta municipal no concello de Tomiño.

Como nas anteriores charlas, dende o BNG de Soutomaior respostaremos aos asistentes as cuestións que estes lle plantexen en relación coa situación na que quedan as súas propiedades co novo Plan de Urbanismo.

Ademais, poñeremos a disposición das veciñas e veciños do concello un modelo de alegacións xenérico que esperamos contribúa a facer deste PXOM, feito a medida duns privilexiados, un PXOM de consenso, pensando para todas e todos nós.


O PXOM precisa da participación das veciñas e veciños do concello

Ningún comentario: