PXOM

08/02/14

O BNG DE SOUTOMAIOR DENUNCIA OS PROBLEMAS QUE SOFREN OS USUARIOS DO TREN DE CERCANIAS EN ARCADE


               O BNG de Soutomaior denunciou no último pleno os problemas que están a sufrir os usuarios do tren de cercanías de Arcade, que fai paradas na estación sen coller nin deixar viaxeiros, en horarios que figuran para este fin. Isto acontece cando, sen previo aviso aos viaxeiros, o tren fai a súa parada na vía máis alonxada da entrada da estación.

          Os nacionalistas amosaron a súa indignación cando o alcalde, Agustín Reguera, dixo descoñecer este problema que están a padecer  os viaxeiros, dende hai varios meses, e que ten  mesmo saído nos medios de comunicación. Acusaron ao alcalde de falla de sensibilidade, unha vez máis, cos asuntos que afectan ás nosas veciñas e veciños. Pedíronlle ao concello que se informe sobre a situación das obras na estación de Arcade, e que interceda para que estes problemas non se volvan producir.

          O tren de cercanías é un medio de transporte que supón unha alternativa real ao transporte por estrada para ir traballar, estudar,...; por iso dende o BNG cremos que obriga das administración fomentar e facilitar e abaratar o seu uso, sobre todo nos tempos de crise que estamos a vivir.

Ningún comentario: