O
BNG DE SOUTOMAIOR PRESENTOU AS SÚAS ALEGACIÓNS AO PLAN DE URBANISMO
DIANTE DA PRENSA
Fernando Herrero, portavoz municipal do BNG de Soutomaior, arrincou a rolda de prensa amosando a súa decepción co documento elaborado polo PP: “despois de pelexar durante longo tempo por ter un Plan de Urbanismo que ordenase o caos urbanístico que invade o noso concello, temos que dicir que este PXOM non cumpre para nada as expectativas que nós tiñamos posto neste documento. Un PXOM ten que arranxar o futuro dun pobo. Este condénao.”
| Fernando Herrero e Manu Lourenzo na rolda de prensa |
Fernando
Herrero e Manu Lourenzo, concelleiro nacionalista, coincidiron en
sinalar que este PXOM “compre ser revisado, debe volver a
elaborarse contando coa maioría social, cos grupos políticos, así
como coas distintas asociacións que integran a base social do noso
concello para que sexa realmente un documento de todas as veciñas e
veciños”.
Para rematar, Manu Lourenzo dixo que “o fin do período de alegacións só marca un punto e seguido. Tras a fase de consultas e asesoramento, entendemos que é necesario que toda a sociedade se implique para que entre todas e todos podamos consensuar o PXOM que este concello se merece. Polo BNG non vai quedar. Estamos convencidos que cando hai un pobo que resposta a unha agresión deste tipo, non hai maioría absoluta que se resista”.
Despois
da comparecencia diante da prensa, o Portavoz Municipal do Bloque
Nacionalista Galego presentou as alegacións no rexistro do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario